Sétima etapa do Camiño Inglés. Primeiro sábado de febreiro. Solleiro. Hai unha ledicia entusiasta na saída de Bruma. E, de camiño, case lle queremos os eucaliptos.
Doce quilómetros despois -que parecen catorce!- rematamos no Cruceiro de A Calle. Acolledor.
E, no serán, visita ao segundo lago artificial de Galicia, As Encrobas, co noso xeólogo de cabeceira: Roberto Almuiña.
Somos afortunados!