Medio cento de entusiastas camiñantes, comezamos a oitava etapa do Camiño Inglés: 13 kilómetros moi levadeiros.
Saímos sen paraugas. Lembramos ao pai Sarmiento, na mítica Fonte da Santiña… auga potable e reparadora!
Un grande pracer camiñar por acolledores treitos de terra, clásicos no país.
Entramos en Oroso… sen decatarnos da marabillosa Ponte primitiva.
E despois, a felicidade andante no vello pai Tambre.

Estamos (seguimos) no bo camiño!