Retomamos o Camiño Inglés neste 2023, o sábado 21 de xaneiro, coa andaina desde Presedo (Abegondo) ata Bruma (Mesía). Sexta etapa.
Aínda non eran as dez cando comezamos a camiñada. E non chovía. En Santalla de Leiro, coa igrexa pechada, ubicamos o Camiño Inglés nas terras das mariñas.
Máis adiante, descubrimos o novidoso (e fermoso) encoro de Beche. Subindo cara á Malata –lembrade, o cumio máis alto do Camiño Inglés– ollamos Crunia Maris. E nas Travesas, milagre! A capela de San Roque estaba aberta.
Logo de xantar: “Viaxe por Galicia”. E sí, foi unha sobremesa solleira!
