Hai un entusiasmo contaxioso, nesta actividade do club de sendeirismo de Alumni USC, que nos da moita moral.
Nunca baixamos dos sesenta camiñantes.
En cada etapa descúlpanse os que non veñen, e aparecen novos andantes!
Na terceira : Pontedeume /Ponte do Porco (Miño ) saímos de Pontedeume
e logo dalgunha subida dificultosa, pasamos a Ponte Baxoi
para chegar á Ponte do Porco
A desembocadura do Lambre é reserva da biosfera . Un tesouro!
e que dicir do Pazo de Mariñan ?
O Pazo de Mariñán está nas ribeiras do Mandeo,
https://turismo.dacoruna.gal/gl/descubre/patrimonio-provincial/pazo-de-marinan
É unha alfaia que acubilla desde Teixos centenarios
ata a memoria de Frei Rosendo Salvado
Estamos no bo Camiño !