Alumni USC comezou a súa actividade para o curso académico 2019-2020 coa 1ª etapa do Camiño de Inverno programado. A andaina foi o domingo 29 de setembro de 2019. Esta primeira etapa non corresponde co calendario previsto pero, por mor da beleza paisaxística da Ribeira Sacra nesta época do ano, pensouse que era o máis axeitado. Este primer tramo, de 17 kilómetros, transcorreu entre San Paio de Diamondi e Santo Antón de Penasillás.