
A fin de semana do 19 e 20 de febreiro realizouse a 2ª Carreira virtual solidaria de Alumni USC a favor da Asociación de Esclerose Lateral Amiotrófica (Agaela). Houbo 113 inscricións e recadamos 1.046 € que entregaremos á asociación nunha cerimonia no Salón de Plenos do Consello Social xunto coa entrega de medallas aos tres primeiros clasificados na carreira. A data está por fixar.
Categoría masculina:
Medalla de Ouro- Antonio Vázquez
Medalla de Prata- Sebastián Buedo
Medalla de Bronce- Adrián Carballeira
Categoría feminina:
Medalla de Ouro- Bárbara Brinquis
Medalla de Prata- Ainhoa Apestegui
Medalla de Bronce- Laura Balboa
Parabéns aos tres mellores de cada categoría!