Entrega do Premio Humanitas 2024

O pasado mércores 22 de xaneiro, fíxose entrega do Premio Humanitas 2024 á Asociación de Pais e Nais de Persoas con Trastorno do Espectro Autista (Aspanaes). Outorgado polo Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela e a Asociación Alumni USC. O reitor da USC, Antonio López, fixo entrega do diploma acreditativo ao presidente...

Ler máis

Patricia Araque, presentación do libro “Emprender con calma”

Patricia Araque, directora executiva do programa de incubación de proxectos Santander X Explorer, presentou o pasado martes 7 de xaneiro en El Corte Inglés de Santiago de Compostela o libro “Emprender con calma”, onde propón repensar narrativas socioeconómicas e ofrecer unha visión feminista no emprendemento a partir da súa experiencia persoal no sector. Acompañada...

Ler máis

Reunión con Jesús López Romalde, decano da Facultade de Bioloxía

O pasado martes 17 de decembro, a presidenta de Alumni USC, Eva López Barrio, reuniuse co decano da Facultade de Bioloxía, Jesús López Romalde. Durante o encontro abordáronse temas de interese mutuo, como a colaboración entre ambas as entidades para a organización de actividades e a participación de Alumni USC nos actos de graduación...

Ler máis

Reunión do Xurado do Premio Humanitas 2024

O pasado venres, 13 de decembro, o Xurado do Premio Humanitas 2024, integrado por Cecilia Sierra (Presidenta do Consello Social), José Villarnovo (membro do Pleno do Consello Social), Eva López (Presidenta de Alumni USC) e Teresa Bouzada (Directiva de Alumni USC), reuniuse para deliberar sobre as candidaturas presentadas. A decisión final quedou á espera...

Ler máis

Entrega do XVIII Premio do Relato Curto

O pasado martes 10 de decembro celebrouse no salón de actos da Facultade de Filosofía, na Praza de Mazarelos, a entrega do XVIII Premio do Relato Curto. O acto comezou coa interpretación do tema “Leit It be” de The Beatles polo pianista Luis García Esmorís. Acto seguido, o directivo de Alumni USC, Modesto Gómez,...

Ler máis

Club de Sendeirismo – Roteiro de Brión ata Imo

O pasado sábado, 30 de novembro, o Club de Sendeirismo realizou un percorrido de 15,7 km desde Brión (Rianxo) ata Imo (Dodro). Esta etapa coincide parcialmente coas etapas nº 4 e 5 do Camiño de Santiago do Barbanza, A Orixe. Houbo unha parada intermedia aos 9 Kms debaixo da ponte nova de tren de...

Ler máis

Homenaxe á nosa presidenta de honra, Benita Silva Hermo, D.E.P.

O pasado venres, 15 de novembro, celebrouse no Paraninfo da USC un emotivo acto en recordo de Benita Silva Hermo, coincidindo coa data do seu aniversario. Durante o evento, presentouse o libro que recolle o seu legado, titulado “La piedra en los monumentos gallegos: formas de alteración y procesos de deterioro”. As coeditoras, Teresa...

Ler máis

Reunión de traballo cos Coordinadores de Alumni USC no Campus de Lugo

O martes, 5 de novembro, a presidenta, Eva López e o directivo José A. Pardiñas reuníronse na Sala de persoal da Escola Politécnica de Lugo, para ver as actividades a levar a cabo durante o curso 2024-2025. Os coordinadores presentes foron Carlos Amiama, da EPS, e Mercedes Montes da Facultade de Relacións Laborais....

Ler máis

Resultado do sorteo de 3 tarxetas regalo de El Corte Inglés

Froito dunha colaboración con El Corte Inglés, 3 estudantes da USC, que contestaron á enquisa “Que lle pedirías á USC unha vez que remates o grado?” resultaron agraciados cunha tarxeta valorada en 200 €. O sorteo grabouse e está dispoñible na oficina de Alumni USC por si alguén quere velo. Os agraciados foron: Laura...

Ler máis

Club de sendeirismo- roteiro de outubro

O sábado, 26 de outubro, o Club de sendeirismo realizou un percorrido de 15 km desde a Igrexa de San Pedro de Bealo en Brión, (Rianxo) ata Rianxo, porto. Esta etapa coincide parcialmente coa etapa nº 4 do Camiño de Santiago do Barbanza, A Orixe. Houbo unha parada intermedia aos 8 km en Praia...

Ler máis

Conferencia maxistral do exreitor e socio de honra de Alumni USC, Juan Viaño Rey

O mércores, 23 de outubro, o exreitor, socio de honra de Alumni USC e catedrático de Matemática Aplicada da USC, Juan Viaño Rey, pronunciou unha excelente conferencia titulada “O número da vida e matemáticas divinas” na Facultade de Filosofía. A presentación corrió a cargo da vicepresidenta, Luisa Rivas García. O numeroso público poido escoitar...

Ler máis