Vodas de Ouro da Promoción da Licenciatura en Matemáticas

O venres 9 de xuño, os antigos alumnos e alumnas da promoción 1969-70 da licenciatura en matemáticas volvéronse reunir para celebrar as súas vodas de ouro. O programa do día comezaba ás 12 horas no salón de actos da facultade de matemáticas. Participaron a Presidenta de Alumni USC, Dona Eva López Barrio, a decana...

Ler máis

Visita á Facultade de Económicas e Empresariais

O mércores 7 de xuño ás 17 horas, Alumni USC organizou unha visita guiada pola Facultade de Económicas e Empresariais onde se albergan obras escultóricas e pictóricas de artistas galegos como: Escultura: a Pasionaria, famosa por estar no exterior, de Camilo Otero. Obra de Buciños, Xosé Cid, Acisclo Manzano, José Díaz Fuentes, Xoan Piñeiro,...

Ler máis

Club de Senderismo – Camiño Portugués pola costa – 3ª etapa

O sábado 2 de xuño o Club de senderismo realizou a 3ª etapa do Camiño Portugués pola costa co roteiro de Baredo a Priegue – 16km. Nesta ocación, o grupo, visitou o estudo do escultor José Morales. Autor de impresionantes obras, entre elas o monumento a Julio Verne no Náutico de Vigo. Alumni USC...

Ler máis

Reunión Foro cívico de Compostela

O mércores 24 de maio reuniuse o Foro cívico de Compostela na Cámara de Comercio de Santiago para que as forzas políticas con representación municipal asinasen un acordo a prol da defensa dos intereses xerais de Santiago de Compostela. En representación de Alumni USC acudiu a presidenta, Eva López Barrio....

Ler máis

Reunión co Reitor da USC e encontro co Presidente da Xunta na Praza do Obradoiro

O martes 23 de maio, algúns membros da Xunta Directiva, Eva López Barrio, presidenta, Luisa Rivas García, vicepresidenta, Carme Casado Casado, secretaria, Enrique López Lorenzana, tesoureiro e os vogais: Loreto Fernández, Modesto Gómez e Víctor A. García foron recibidos polo Reitor no Pazo de San Xerome. A Presidenta presentou un protocolo a seguir para...

Ler máis

Día das Letras Galegas 2023

O 16 de maio a USC festexou o Día das Letras Galegas cun acto ao que asistiu a vicepresidenta, Luisa Rivas García, no Salón Nobre de Fonseca. Este ano o día estivo dedicado á honra de Francisco Fernández del Riego e repartíronse exemplares do libro titulado: Francisco Fernández del Riego, ao meu xeito rebelde....

Ler máis

Club de sendeirismo-Camiño Portugués pola costa- 2ª etapa

O sábado 13 de maio o Club de sendeirismo realizou a 2ª etapa do Camiño Portugués pola costa co roteiro de Oia a Baredo de 16 km. O grupo, nesta ocasión coordinado pola vicepresidenta, Luisa Rivas García e o Tesoureiro, Enrique López Lorenzana, disfrutou da paisaxe nunha xornada de andaina con bo tempo e...

Ler máis

Vodas de prata Medicina, promoción 1992-1998

O sábado13 de maio, reuníronse, en primeiro lugar no Recanto da Saudade, o grupo de antigos alumnos e antigas alumnas da promoción 1992-1998 de Medicina, para ver a súa placa conmemorativa do seu retorno á cidade de Santiago de Compostela onde estudaron. Despois, xa no Salón de actos da Facultade de Medicina, tivo lugar...

Ler máis

Visita á Fundación Laboral da Construcción

O día 9 de maio, un grupo de socias e socios visitaron a Fundación Laboral da Construcción acompañados pola presidenta, Eva López Barrio, e o socio de honra, José M. Ortigueira Bobillo, promotor da iniciativa. A visita resultou moi interesante xa que esta institución non é coñecida polos santiagueses e santiaguesas e antes de...

Ler máis

Reunión coa Decana da Facultade de Ciencias da Comunicación

O día 24 de abril, a Presidenta e a Vicepresidenta reuníronse coa decana da Facultade de CC . da Comunicación, Ana I. Rodríguez Vázquez, e a vicedecana, Alba Silva Rodríguez, para establecer liñas de colaboración entre ambas insitucións contando sempre coa colaboración do Coordinador Alumni USC na Facultade, Xosé R. Pousa Estevez....

Ler máis