O día 20 de decembro fíxose entrega do Premio Humanitas un ano máis por parte de Alumni USC en colaboración co Consello Social co obxectivo de destacar as accións solidarias que se organizan en prol do benestar social. Este ano, o recibidor do galardón foi o programa de acompañamento a familias monoparentais Abeiro, que...
Ler máisClub de sendeirismo – 5ª etapa do Camiño Inglés: Betanzos – Presedo (Abegondo)
E… sí! No derradeiro sábado de novembro, o Apóstolo cumpriu o seu compromiso: nada de chuvia para percorrer os 15 km que camiñamos desde Betanzos ata Presedo. Saímos pola ponte do Mendo, o outro río betanceiro. Cada vez que saímos, subimos. Máis o que ollamos, desde a altura, paga a pena. Xa na planicie,...
Ler máisEntrega do XVI Premio de Relato Curto
O luns 12 de decembro a Facultade de Filosofía de Santiago de Compostela acolleu o acto de entrega do XIV Premio de Relato Curto da man de Alumni USC. Nesta edición, o galardón foi concedido á obra “RODIÑO 1947 – Relato dun suceso real”, un texto escrito por Juan Viaño Rey, catedrático en Matemática...
Ler máisPara saber máis de Antonio Guillén, un talento próximo
O venres 25 de novembro tivemos a sorte de poder contar co catedrático de Bioloxía e Xeoloxía e experto na vida microscópica, Antonio Guillén Oterino, que nos acompañou nun coloquio sobre a vida invisible que habita na auga. Na mañá do venres, os participantes da actividade pasearon polas beiras do río Sar, non só...
Ler máisClub de sendeirismo – 4ª etapa do Camiño Inglés
Este 12 de novembro os membros do club de sendeirismo de Alumni USC puxéronse en marcha para completar a cuarta etapa do Camiño Inglés: de Ponte do Porco (Miño) a Betanzos. Saímos do esteiro do Lambre, nunha fermosa mañá de outono. Atravesamos a Ponte mítica, onde naceu a lenda de Roxín Roxal. Desde Vilademeus...
Ler máisEnMente VII, o noso encontro de educación emocional
O 5 de novembro, na Facultade de Ciencias da Comunicación celebramos a séptima edición do proxecto de educación emocional EnMente VII. O proxecto conta coa financiación do Consello Social da USC, a colaboración do ICE (Instituto de Ciencias da Educación) e tamén, nesta ocasión, contamos co patrocinio da empresa naronesa Grupo Intaf. Nesta edición...
Ler máisClub de sendeirismo- 3ª etapa Camiño Inglés
Hai un entusiasmo contaxioso, nesta actividade do club de sendeirismo de Alumni USC, que nos da moita moral. Nunca baixamos dos sesenta camiñantes. En cada etapa descúlpanse os que non veñen, e aparecen novos andantes! Na terceira : Pontedeume /Ponte do Porco (Miño ) saímos de Pontedeume e logo dalgunha subida dificultosa, pasamos a...
Ler máisVodas de prata de Medicina (1991-1997)
O sábado 22 de outubro un grupo de compañerios e compañeiras da promoción 1991-1997 celebraron o seu 25 aniversario de licenciatura. A Comisión organizadora do evento estivo encabezada por Eva San Luis que xunto a: Adela Urisarri, Antonio Pato, Jorge Fernández Noya, Manuel Barreiro, María Pampín, Miguel Piñón, Montserrat González e Pablo Sousa, púxéronse...
Ler máisClub de sendeirismo- 2ª etapa Camiño Inglés
O 8 de outubro, preto de sesenta camiñantes chegaron,felices, a Pontedeume -desde Neda- na segunda etapa do Camiño Inglés . Pasando por Fene e Cabanas atravesaron a Ponte e diante do Torreón fixeron a foto do Grupo Foi unha xornada memorable, xantando nos Muiños e culminada cunha visita guiada pola Vila con Silvia :...
Ler máisConferencia do catedrático de Matemática Aplicada da USC, Juan Viaño Rey
O día 14 de outubro, na Casa do Saber do Campus de Lugo, Juan Viaño Rey, exreitor da USC, pronunciou a conferencia titulada “As matemáticas da miña vida para curiosos e afeccionados”. O grupo de socios tivo a sorte de desfrutar das explicacións do profesor Viaño sobre as matemáticas. Na conferencia estivo presente tamén...
Ler máisVodas de ouro de Filosofía e Letras (Subsección Románicas/Subsección Español)
O venres 30 de setembro, os antios alumnos e as antigas alumnas da promoción 1967-1972 reuníronse en Santiago para celebrar o seu 50 aniversario de licenciatura. O programa do día comezaba ás 11:30 h no Recanto da Saudade para ver a súa placa conmemorativa. Logo fixéron unha visita ao Pórtico da Gloria para despois...
Ler máis2ª parte da conferencia de Luis Sobrado: “Vivencias políticas da transición en Galicia: no quinquenio 1977-1981”
O día 28 de setembro, desfrutamos da segunda parte da Conferencia do noso socio e activo camiñante, Luis Sobrado ( doutor en Pedagoxía, secretario xeral do Partido Galeguista 1979-1981 ). No remate, houbo un coloquio moi interesante – don Luis ten unha memoria prodixiosa – lembrando todo canto pasou hai corenta anos, tanto en...
Ler máis