Reunión con Jesús López Romalde, decano da Facultade de Bioloxía

O pasado martes 17 de decembro, a presidenta de Alumni USC, Eva López Barrio, reuniuse co decano da Facultade de Bioloxía, Jesús López Romalde. Durante o encontro abordáronse temas de interese mutuo, como a colaboración entre ambas as entidades para a organización de actividades e a participación de Alumni USC nos actos de graduación...

Ler máis

Reunión do Xurado do Premio Humanitas 2024

O pasado venres, 13 de decembro, o Xurado do Premio Humanitas 2024, integrado por Cecilia Sierra (Presidenta do Consello Social), José Villarnovo (membro do Pleno do Consello Social), Eva López (Presidenta de Alumni USC) e Teresa Bouzada (Directiva de Alumni USC), reuniuse para deliberar sobre as candidaturas presentadas. A decisión final quedou á espera...

Ler máis

Entrega do XVIII Premio do Relato Curto

O pasado martes 10 de decembro celebrouse no salón de actos da Facultade de Filosofía, na Praza de Mazarelos, a entrega do XVIII Premio do Relato Curto. O acto comezou coa interpretación do tema “Leit It be” de The Beatles polo pianista Luis García Esmorís. Acto seguido, o directivo de Alumni USC, Modesto Gómez,...

Ler máis

Club de Sendeirismo – Roteiro de Brión ata Imo

O pasado sábado, 30 de novembro, o Club de Sendeirismo realizou un percorrido de 15,7 km desde Brión (Rianxo) ata Imo (Dodro). Esta etapa coincide parcialmente coas etapas nº 4 e 5 do Camiño de Santiago do Barbanza, A Orixe. Houbo unha parada intermedia aos 9 Kms debaixo da ponte nova de tren de...

Ler máis

Homenaxe á nosa presidenta de honra, Benita Silva Hermo, D.E.P.

O pasado venres, 15 de novembro, celebrouse no Paraninfo da USC un emotivo acto en recordo de Benita Silva Hermo, coincidindo coa data do seu aniversario. Durante o evento, presentouse o libro que recolle o seu legado, titulado “La piedra en los monumentos gallegos: formas de alteración y procesos de deterioro”. As coeditoras, Teresa...

Ler máis

Reunión de traballo cos Coordinadores de Alumni USC no Campus de Lugo

O martes, 5 de novembro, a presidenta, Eva López e o directivo José A. Pardiñas reuníronse na Sala de persoal da Escola Politécnica de Lugo, para ver as actividades a levar a cabo durante o curso 2024-2025. Os coordinadores presentes foron Carlos Amiama, da EPS, e Mercedes Montes da Facultade de Relacións Laborais....

Ler máis

Resultado do sorteo de 3 tarxetas regalo de El Corte Inglés

Froito dunha colaboración con El Corte Inglés, 3 estudantes da USC, que contestaron á enquisa “Que lle pedirías á USC unha vez que remates o grado?” resultaron agraciados cunha tarxeta valorada en 200 €. O sorteo grabouse e está dispoñible na oficina de Alumni USC por si alguén quere velo. Os agraciados foron: Laura...

Ler máis

Club de sendeirismo- roteiro de outubro

O sábado, 26 de outubro, o Club de sendeirismo realizou un percorrido de 15 km desde a Igrexa de San Pedro de Bealo en Brión, (Rianxo) ata Rianxo, porto. Esta etapa coincide parcialmente coa etapa nº 4 do Camiño de Santiago do Barbanza, A Orixe. Houbo unha parada intermedia aos 8 km en Praia...

Ler máis

Conferencia maxistral do exreitor e socio de honra de Alumni USC, Juan Viaño Rey

O mércores, 23 de outubro, o exreitor, socio de honra de Alumni USC e catedrático de Matemática Aplicada da USC, Juan Viaño Rey, pronunciou unha excelente conferencia titulada “O número da vida e matemáticas divinas” na Facultade de Filosofía. A presentación corrió a cargo da vicepresidenta, Luisa Rivas García. O numeroso público poido escoitar...

Ler máis

Vodas de prata da promoción 1993-1998 de Economía da USC

O sábado, 19 de outubro, a promoción do directivo de Alumni USC, Modesto Gómez, celebrou o seu 26 aniversario, porque o ano pasado non lograron xuntarse. Ao acto no Salón de Graos da Facultade de Económicas e Empresariais, asistiron o decano do centro, Xoán Ramón Doldán García, a presidenta de Alumni USC, Eva López...

Ler máis

Visita guiada ao Patrimonio histórico da USC

O venres, 18 de outubro, un grupo de socias e socios, encabezados pola vicepresidenta, Luisa Rivas, asistiron á visita guiada pola gran profesional, Rosi, polo Patrimonio histórico da USC. O grupo percorreu as estancias máis emblemáticas: o Claustro de Fonseca, a Biblioteca América, que alberga o libro de horas do rei Fernando I, o...

Ler máis