Alumni USC, recibida polo Alcalde de Santiago

ALUMNI USC, RECIBIDA POLO ALCALDE DE SANTIAGO

O alcalde de Santiago, Sánchez Bugallo, recibiu esta mañá en Raxoi a Alumni USC. Tratábase dunha visita de cortesía institucional, que se prolongou por espazo de media hora nun ambiente cordial. A presidenta da entidade universitaria, Benita Silva, informou ao rexedor de que Alumni USC posúe actualmente case 700 socios e da celebración en Santiago, en outubro de 2021, da xuntanza anual da Federación Española de Alumni, evento para o que lle pediu o respaldo do Concello. Silva tamén puxo a disposición do Concello a entidade para xuntar esforzos en proxectos e actividades cidadás, “en aras de reforzar a relación e colaboración” entre as dúas partes. Polo seu lado, Bugallo destacou a “importancia” do tecido asociativo como interlocución “necesaria” para as Administracións Públicas e saudou favorablemente o dinamismo de Alumni USC.