O martes 19 de decembro, celebrouse o acto de entrega do XVII Premio de Relato Curto na Facultade de Filosofía da USC.
O encontro estivo presidido por Eva López Barrio, presidenta de Alumni USC, quen abríu e pechou o acto, ademáis de presentar aos diferentes convidados.
Primeiramente, Teresa Sanmarco, profesora de filoloxía italiana na USC e presidenta do xurado nesta edición, leu a acta co fallo do premio.
Tras ela, Pablo Nogueira foi quen de deleitarnos coa lectura da súa obra, e título gañador do premio en cuestión, “Mar de lembranzas”. Foi unha poética experiencia chea de sentimento e de nostalxia.
En último lugar, a intervención de Marilar Aleixandre, escritora, tradutora e bióloga, consistíu en agasallarnos cun conto sobre a creación literaria titulado “O ollo do dragón”.


