O venres, 15 de setembro, tivo lugar o acto de apertura do curso 2023-2024 na Universidade de Santiago de Compostela.
En representación de Alumni USC acudiu a vicepresidenta, Luisa Rivas García.
Nesta ocasión, e como novidade, interveu un alumno en representación do colectivo; algo que non ocurría desde 1933, ano no que interveu Francisco Fernández del Riego.
O discurso inaugural correu ao cargo da profesora doctora da Facultade de Filoloxía: Milagros Fernández Pérez, coa conferencia titulada: Linguística xeral proxectada.
Por orde, o alumno, o reitor, Antonio López, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, , a vicepresidenta de Alumni USC, Luisa Rivas, e a presidenta do Consello Social da USC, Cecilia Sierra.