EnMente

Alumni USC quere fomentar entre o estudantado da USC e a sociedade en xeral a aprendizaxe e a educación emocional como ferramentas útiles para enfrontarse á vida laboral e facilitar o trato entre as persoas.

EnMente pretende conseguir estes obxectivos e para iso organiza obradoiros de intelixencia emocional para fortalecer as habilidades sociais para a vida persoal e profesional.

Esta acción formativa será levada a cabo por profesionais do ámbito da intelixencia emocional, do coaching e o mentoring, a psicoloxía, o PNL, o mindfullnes, a nutrición, persoas expertas en comunicación, xestión de equipos e desenvolvemento persoal e profesional.

Páxina web: www.enmenteusc.com

Mail: enmenteusc@gmail.com

Facebook: https://www.facebook.com/EnMenteUSC/