O pasado 11 de marzo de 2025, Xesús Palmou Lorenzo, expresidente da Academia Xacobea, impartiu unha conferencia na Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela, presentada polo catedrático de filosofía Marcelino Agís.
Baixo o título de “A Academia Xacobea no Camiño de Santiago”, Palmou Lorenzo e Marcelino Agís expuxeron a relevancia do Camiño tanto no ámbito histórico como cultural, facendo especial fincapé na súa influencia na construción da identidade galeg ao longo dos séculos.
A Academia Xacobea é unha institución dedicada á investigación, promoción e difusión do patrimonio histórico e relixioso relacionado co Camiño de Santiago. O seu principal obxectivo é fomentar o estudo e a conservación de todo o que atinxen a ruta de peregrinaxe, tal e como subliñaron na conferencia.

