O venres 7 de febreiro de 2020 un grupo de socias e socios visitou as instalacións de Zara que o grupo Inditex posúe en Arteixo (A Coruña).
Durante dúas horas e acompañados pola responsable de Relacións Institucionais, Carmen Escribano, o grupo percorreu as oficinas de deseño, de Zara Man, de Zara on-line, asistiu a un posado de fotos dunha modelo de Zara on-line, visitou o departamento de cosmética, viu os escaparates da próxima tempada, o departamento de cosido e prancha de prendas de exterior de Zara Woman, o túnel de transporte de prendas colgadas e prendas dobradas.