Asemblea Xeral de socios/as.
É o órgano supremo de Alumni USC e nela participa a totalidade dos socios e socias. Reúnese con carácter ordinario unha vez ao ano e de forma extraordinaria se se considera conveniente para o desenvolvemento das actividades.
Xunta Directiva
É o órgano executivo de Alumni USC e está formada polos seguintes membros: Presidente/a, Vicepresidente/a, Secretario/a, Tesoureiro/a e sete Vogais, ampliables ata un máximo de dez.
Xunta Directiva 2023-2027
O 14 de marzo 2023 renovouse a directiva polo vencemento do mandato da anterior.
A composición da mesma é a seguinte:
Presidenta: Eva López Barrio
Vicepresidenta: Luisa Rivas García
Tesoureiro: Enrique López Lorenzana
Secretaria: Carme Casado Casado
- Vogais:
- Teresa Bouzada Gil
- Juan C. Cobas Gómez
- María Curros Ferro
- Loreto Fernández Fernández
- Ariana Fernández Palomo
- Víctor A. García Dopico
- Modesto Gómez Rodríguez
- Igor Mella Núñez
- José A. Pardiñas García
Coordinadores de Alumni USC nos centros docentes
O ano 2018 creouse a figura de coordinador/a de Alumni USC nas facultades e escolas universitarias. O seu papel é popularizar e dar visibilidade á Asociación entre o persoal dos centros, non só entre o profesorado e o Persoal de Administración e Servizos, senón tamén, e sobre todo, entre o alumnado. As persoas que hoxe están a estudar na USC serán exalumnos/as en pouco tempo e é bo que se vaia creando un sentimento de pertenza á Institución.
Os coordinadores constitúen un apoio para a Xunta Directiva: dan a coñecer as actividades organizadas por Alumni USC e organizan outras pensadas especificamente para o persoal de cada centro.