O pasado 14 de febreiro a nosa querida presidenta, Eva López Barrio, foi unha das cinco mulleres galardoadas nos Premios Empresarias de Galicia celebrados no Hotel Monumento San Francisco. O premio destacou o seu traballo en proxectos como Innovatia 8.3 e Woman Emprende, ambos centrados no impulso do emprendemento feminino.
“É bonito que se premie unha técnica en emprendemento en feminino”, declarou a economista nunha conversación con El Correo Gallego.
A premiada dedicou esta distinción ás emprendedoras galegas e ás autónomas, reivindicando a importancia de apoiar o comercio de proximidade. Ademais, destacou a vital importancia deste recoñecemento, que contribúe a dar visibilidade á diversidade na ciencia e no ámbito empresarial, poñendo o foco no liderado feminino.
Na imaxe, Eva López, Luisa Rivas e Modesto Gómez, directivo de Alumni USC xunto co Reitor Antonio López.

