Xornada Toca – Toca

O pasado xoves 30 de xaneiro, no Museo de Historia Natural da USC, tivo lugar a Xornada Toca-Toca, na que, acompañados polo biólogo Miguel Santamaría, tivemos a oportunidade de achegarnos a todo tipo de artrópodos tropicais. Desde ninfas da jungla (o insecto-palo máis pesado do mundo) ata tarántulas e mariposas búho. Sendo unha actividade aberta, os presentes puideron gozar do contacto directo con cada un destes animais, mentres compartían as experiencias e a sabedoría de Miguel Santamaría, que os acompañou e asesorou ao longo de todo o proceso. Pequenos e maiores gozaron desta experiencia, da que, sen dúbida, saíron cheos de novas aprendizaxes!


Na imaxe, Ariana Fernández Palomo, en nome da directiva de Alumni USC, xunto con Miguel Santamaría.