Reunión na Universidade de Minho para promover o Proxecto Tresemes

O xoves 30 de xaneiro de 2025, tivo lugar unha reunión na Universidade do Minho, na que participaron Teresa Carballeira, secretaria executiva do Grupo Compostela de Universidades, xunto con Guilherme Augusto Borges Pereira, Carla Cristina Esteves Marins, e Iris Carmo Silva Saraiva, así como a nosa presidenta Eva López. O obxectivo principal da reunión foi tratar o Proxecto Tresemes, forxado por Alumni USC e o Grupo Compostela en prol da creación da Agrupación Alumni-CGU, unha plataforma de conexión Universidade – Empresa – Sociedade ao servicio das universidades socias.

Para máis información sobre o Proxecto Tresemes e as súas actividades, pódese consultar o seguinte enlace ao Proxecto Tresemes do Grupo Compostela de Universidades.