O pasado sábado celebrouse na Casa do Saber da USC o II Encontro Alumni USC, onde se puxo en valor o papel clave do Campus Terra no tecido empresarial lugués.
Durante o evento, analizouse a contribución da USC como motor no desenvolvemento social e económica da provincia. Por igual, comentáronse os desafíos que afronta o ensino superior nun futuro próximo, especialmente en termos de igualdade de xénero, onde a necesidade de equilibrar a presenza feminina en áreas tradicionalmente masculinizadas en postos de liderado académico foi subliñada por todos os presentes.
A mesa inaugural estivo formada polo vicerreitor de organización académica e do campus de Lugo, Francisco Fraga; o director xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro; o edil de emprendemento do Concello de Lugo, Mauricio Repetto; o deputado de Promoción Económica da Deputación de Lugo, Pablo Rivera: e a presidenta de Alumni USC, Eva López Barrio.
O foro continuou coa participación de destacados profesionais do sector lucense como Ramón Alonso, xerente de Café Candelas; Elio Pérez, CEO de Innogando; e Leticia Seara, CEO de LegalMit, quen compartiron as súas experiencias sobre como a USC contribuíu ás súas traxectorias. O moderador foi Jose Antonio Pardiñas, directivo de Alumni USC.
Por outra banda, Carlota López Prado, adxunta á presidencia de Aresa; Manuel Lolo, CEO de Amslab; e Carlos Franco, catedrático de Química, destacaron como este vínculo entre a academia e o mundo profesional resulta clave para continuar fomentando á innovación empresarial na provincia. Nesta mesa, a moderadora foi Luisa Rivas, vicepresidenta de Alumni USC.
Rematouse a xornada cun cóctel para os presentes.





ALUMNI USC.

ALUMNI USC.

ALUMNI USC.

ALUMNI USC.

ALUMNI USC.

ALUMNI USC.

ALUMNI USC.

ALUMNI USC.







ALUMNI USC.

ALUMNI USC.

ALUMNI USC.

ALUMNI USC.

ALUMNI USC.

ALUMNI USC.

ALUMNI USC.

ALUMNI USC.

ALUMNI USC.

ALUMNI USC.

ALUMNI USC.

ALUMNI USC.

ALUMNI USC.

ALUMNI USC.

ALUMNI USC.

ALUMNI USC.

ALUMNI USC.

ALUMNI USC.