O pasado venres, 15 de novembro, celebrouse no Paraninfo da USC un emotivo acto en recordo de Benita Silva Hermo, coincidindo coa data do seu aniversario. Durante o evento, presentouse o libro que recolle o seu legado, titulado “La piedra en los monumentos gallegos: formas de alteración y procesos de deterioro”.
As coeditoras, Teresa Rivas e Beatriz Prieto Lamas, ambas compañeiras de Benita, encargáronse de dar forma a esta obra divulgativa na que a autora plasma as súas investigacións sobre a pedra nos Monumentos Galegos. Este libro está dispoñible para a súa adquisición no Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo.
Na mesa de presentación participaron as coeditoras do libro, o profesor Francisco Díaz Fierros, Jorge L. Bueno (director do Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo) e Manuel Fraga Carou, quen representou a Alumni USC cunhas sentidas palabras en memoria de Benita, destacando a súa gran dedicación e entrega como presidenta de Alumni USC, cargo que desempeñou durante sete anos, ata a súa enfermidade.