Segunda Reunión da Casa de Galicia de Madrid

O pasado 22 de Xullo tivo lugar a segunda reunión na Casa de Galicia de Madrid, onde acudiron a socia de Alumni USC, Isabel Rivadulla, a presidenta, Eva López, a Deputada, Marta González e o Ex-reitor, Darío Villanueva, sendo recibidos polo recentemente nomeado presidente da Casa de Galicia de Madrid, Luis Ramos.

Nesta reunión, reafirmáronse os motivos dunha posible colaboración entre a asociación de Alumni USC e a Casa da Galicia en Madrid, tal e como se establecera na primeira reunión. Así, onte abriuse o diálogo cara datas concretas desta colaboración para levar a Alumni USC ata a capital.