O pasado sábado, 27 de Abril, o Club de Sendeirismo retomou as súas actividades cunha andaina de 16 quilómetros entre Ribadumia e Vilanova de Arousa.
Os sendeiristas puideron desfrutar do camiño, o cal coincide coa 2ª etapa da Variante Espiritual do Camiño de Santiago Portugués pola costa, cunha parada a metade de camiño en Ponte Arnelas, tras 8 quilómetros de ruta.
Tras rematar a ruta e desfrutar dunha merecida comida, os membros dirixíronse á Casa Museo Valle-Inclán para desfrutar dunha visita guiada do recinto, podendo así visitar a casa natal do escritor.