O pasado venres 5 de abril a presidenta, Eva López Barrio, a vicepresidenta, Luisa Rivas García, e o directivo, José A. Pardiñas, xunto cos técnicos da USC, Sabela López e José M. Rebolo, mantiveron sendas reunión no Campus de Lugo para presentar o 2ª Encontro Alumni USC neste Campus.
Primeiro reuníronse no CEI Nodus co Tenente de Alcaldesa de Dinamización Económica e Relacións Institucionais, Don Mauricio Repetto Morban, e despois con Don Pablo Rivera, deputado da Deputación de Lugo.
Ambos delegados mostráronse partidarios da colaboración e o evento, que reunirá a maior parte do empresariado lugués e realizarase o 21 de xuño.
O programa dará comezo coa inauguración as 16:30, seguida da primeira mesa redonda “Como dirixir unha empresa exitosa en Lugo”, a cal sería moderada por Eva López Barrio, presidenta de Alumni USC. Esta sección contará con representantes de diversas empresas relevantes no contexto coma Leite Río, Arenal Perfumerías, Torre de Núñez ou Pazo de Vilane. Tras esta primeira reunión, as 17:45 terá lugar a mesa redonda “Casos de éxito de Emprendemento no Campus Lugo”, presidida por María Elvira López Mosquera, delegada do reitor do Campus Terra. Nesta xornada, contaremos cos representantes das empresas 3edata, iBoneLab, Innogando e LegalMit. Pasando xa as 18:30, os membros de Alumni USC Lugo terán a súa mesa para falar das experiencias da organización. Para rematar a xornada, de 19:15 a 20:30 desfrutaremos dun coktail e unha exposición fotográfica na Área de Cultura-Campus de Lugo.