O xoves, 21 de marzo, realizouse unha visita á Facultade de Óptica e Optometría da USC con motivo da “Semana Mundial De La Optometría 2024”.
A benvida ao centro tivo lugar ás 16:30 h. por parte de María Jesús Giráldez, Decana da Facultade. Pouco despois a docente, María Covadonga Vazquez, deu una charla de divulgación sobre “A importancia de ver ben en todas as etapas da vida”, enfatizando na prevención dos danos na vista en diferentes idades debido, principalmente, ao incremento do uso de dispositivos electrónicos. Finalmente, deuse paso á visita das instalacións da Clínica da mesma Facultade.
A este encontro tamén asistiron os estudantes de 4º ciclo da Universidade.
Cabe destacar, que unha das vantaxes para os socios de Alumni USC é a revisión gratuíta nestas instalacións.