O venres, día 15 de marzo, Alumni USC, en colaboración coa Fundación Roberto Rivas, presentou ao Consello social un proxecto cuxo fin é achegar o emprendemento á comunidade estudantil da Universidade.
Ao acto asistiron, de esquerda a dereita, as seguintes persoas:
Luisa Rivas, vicepresidenta de Alumni USC; Eva López, presidenta de Alumni USC; Cecilia Sierra, presidenta do Consello Social da USC; Olga Rivas, directora da Fundación Roberto Rivas; Marta Villamayor, secretaria executiva do Consello Social da USC.