O día 22 de xaneiro 2024, a vicepresidenta acudiu ao acto de homenaxe a San Raimundo de Peñafort na Facultade de dereito.
No acto interviron, a secretaria da Facultade, Natalia Pérez Rivas, a lección maxistral correu a cargo de Cándido Conde-Pumpido Tourón, presidente do Tribunal Constitucional, sobre “Nuestra Constitución y su Tribunal”. A entrega da insignia da Facultade foi para Juan José Nieto Montero e Antonio Javier Ferreira Fernández con motivo dos seus 25 anos de servizos no Centro, logo interveu a decana Ana Gude Fernández e pechou o acto o Reitor.