VI ENCONTRO PROGRAMA EMEGA

O 22 de decembro, venres, tivo lugar o VI Encontro Emega, que establece unhas liñas de axuda para mulleres emprendedoras e empresarias.
A abertura do acto, retransmitido en directo por streaming, estivo encabezada por Eva López Barrio, presidenta de Alumni USC e do proxecto Woman Emprende, Sandra Vázquez Domínguez, Secretaria Xeral da Igualdade, e Antonio López Díaz, reitor da Universidade de Santiago de Compostela. Despois, diferentes emprendedoras referentes en Galicia contaron a súa experiencia e déronlle consellos ás convidadas. Antes do café networking, Margarita Ardao Rodríguez, Directora Xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, falou sobre o proxecto en marcha dos Polos de Emprendemento de Galicia, que buscan fomentar o emprego nas zonas máis rurais.
Tras o descanso, as emprendedoras puideron demostrar o aprendido nas clases de Mar Castro, doutora en comunicación pola Universidade de Vigo, repetindo as dinámicas de formación grupais pola tarde.
Para finalizar o acto da mañá, a Conselleira de Promoción de Emprego e Igualdade, Elena Rivo López, e o resto de autoridades visitaron os stands das emprendedoras para coñecer de primeira man as súas iniciativas empresariais.