O xoves 28 de setembro Alumni USC convocou a Edicións Fervenza para facer unha presentación e homenaxe ao recientemente finado e socio Xoan Xosé Fernández Abella na Facultade de Filosofía.
No acto interviron ademais da presidenta, Eva López Barrio, o catedrático de Literatura Galega e socio, Xesús Alonso Montero, Manuel Fraga, xornalista e antigo directivo de Alumni USC, e o fillo do poeta, Juan Fernández.
O libro titulado “Últimos poemas de eloxios e outros poemas” está editado por Edicións Fervenza como xa diximos e Xesús Alonso Montero leu unha parte do seu prólogo aos presentes, ademais de alabar ao poeta de ampla colección de poemas e libros.
Manuel Fraga compartiu unhas fotografías doutros momentos de Fernández Abella con Alumni USC.