O martes 23 de maio, algúns membros da Xunta Directiva, Eva López Barrio, presidenta, Luisa Rivas García, vicepresidenta, Carme Casado Casado, secretaria, Enrique López Lorenzana, tesoureiro e os vogais: Loreto Fernández, Modesto Gómez e Víctor A. García foron recibidos polo Reitor no Pazo de San Xerome.
A Presidenta presentou un protocolo a seguir para colaborar coa USC e poder seguir mantendo o vínculo dos egresados e das egresadas coa sua universidade.