O día 9 de maio, un grupo de socias e socios visitaron a Fundación Laboral da Construcción acompañados pola presidenta, Eva López Barrio, e o socio de honra, José M. Ortigueira Bobillo, promotor da iniciativa.
A visita resultou moi interesante xa que esta institución non é coñecida polos santiagueses e santiaguesas e antes de visitar o edificio o grupo fixo un percorrido polo río Sarela.
Como guías de excepción contaron con Ángel Panero e Xoan Carmona e recibiron aos arquitectos Víctor López Cotelo, autor de múltiples proxectos no río Sarela e Fernando Arteaga, de Santiago Sur.
O grupo estivo acompañado tamén pola Asociación de Veciños de San Lourenzo.