O pasado venres 31 de marzo, Eva López Barrio, actual presidenta de Alumni USC, acudiu en compañía da vicepresidenta Luisa Rivas García, ao acto insitucional ‘honoris causa‘ celebrado no Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia.
Durante o acto, a profesora Mary Beard, catedrática da Universidade de Cambridge, e o profesor Ivo Castro, catedrático da Universidade de Lisboa, recibiron a honra de ser incorporados ao claustro de doutores honoris causa pola USC, da man do reitor Antonio López.
Ambos foron meritorios deste título polas súas respectivas labores no campo do coñecemento. Ivo Castro, “talvez o maior expoñente actual da filoloxía portuguesa”, debido ao seu esforzo “por dar a coñecer a lingua e cultura galegas dentro e fóra do ámbito universitario lusitano” e Mary Beard, “especialista na literatura e historia do mundo antigo”, como feminista e “loitadora non só pola introdución de medidas a prol da igualdade, senón, indo máis aló, polo cambio das estruturas de poder que seguen a estar masculinizadas”.
Para ler máis detalles do desenvolvemento do acto e dos seus asistentes, o xornal da USC publicou un artigo con máis información: https://www.usc.gal/gl/xornal/novas/usc-inviste-doutores-honoris-causa-mary-beard-ivo-castro