Este 12 de novembro os membros do club de sendeirismo de Alumni USC puxéronse en marcha para completar a cuarta etapa do Camiño Inglés: de Ponte do Porco (Miño) a Betanzos.
Saímos do esteiro do Lambre, nunha fermosa mañá de outono. Atravesamos a Ponte mítica, onde naceu a lenda de Roxín Roxal.
Desde Vilademeus – Souto, as vistas son únicas: ao noso carón o Mandeo, coas súas xunqueiras. Ao lonxe… Meirama.
Unha parada en San Martiño de Tiobre (aquí naceu Betanzos). E, de camiño, a impoñente portada de Nosa Señora dos Remedios. Baixando, na mesma calzada, unha adega histórica dos Loureiros.
E chegamos a Betanzos!
E desfrutamos da súa historia!
Estamos (seguimos) no bo camiño!