O venres 30 de setembro, os antios alumnos e as antigas alumnas da promoción 1967-1972 reuníronse en Santiago para celebrar o seu 50 aniversario de licenciatura.
O programa do día comezaba ás 11:30 h no Recanto da Saudade para ver a súa placa conmemorativa. Logo fixéron unha visita ao Pórtico da Gloria para despois facerse unha fotografía de grupo á entrada da actual Facultade de Xeografía e Historia que foi onde eles e elas estudaron a súa carreira. Xa no Paraninfo, interviron o vicerreitor de profesorado, Ernesto González Seoane, o decano da Facultade de Filoloxía, Elías J. Feijoo Torres, o representante de Alumni USC, Manuel Fraga Carou, José Mª Viña Liste foi o representante do profesorado da promoción, e como representante dos alumnos e alumnas tomaron a palabra Dolores Troncoso Durán e Darío Vaillanueva Prieto.
O día rematoru cun xantar no restaurante do Hotel Virxe da Cerca.