O Club de Sendeirismo inicia a súa actividade deste ano 2019 seguindo co Camiño de Frei Martín Sarmiento na súa 7ª etapa de 20 km, desde Carril a Pontecesures. Dentro do programa do día visitouse, despois do xantar, a Fundación Cela en Iria Flavia, con motivo da celebración do trixésimo aniversario da concesión do Nobel a Don Camilo.