O 19 de marzo realizouse a 4ª etapa do Camiño a Fisterra e Muxía, facendo un percorrido dende Olveiroa ata Senade, sendo así uns 16 km. Pasaron por Hospital, Vao Salgueiro, Rego Cheo, Fragoso, Castro, e selaron en Dumbría, xa que os seguintes selos serían todos nas terras de Muxía. O camiño estivo repleto de muíños eólicos, ríos e regatos que captaron a atención dos camiñantes.