O 30 de novembro, no Salón Nobre de Fonseca, tivo lugar o acto de homenaxe a José M. Ortigueira Bobillo pola súa contribución e dedicación en diversas actividades de Alumni USC, como a Exposición fotográfica “Camiño de inverno: de Ponferrada a Compostela”.
A Asemblea Xeral Extraordinaria do 15 de decembro de 2020 ratificou o nomeamento de socio de honra a José M. Ortigueira, previa o acordo da Xunta Directiva.
O acto estivo presidido pola vicerreitora de Igualdade, Cultura e Servizos da USC, Mar Lorenzo, polo presidente-delegado, Carlos Herrero, polo último socio de honra e exreitor Juan Viaño, quen fixo a entrega dunha placa conmemorativa ao homenaxeado, e por Ramón Lois, representante de Alumni USC no Consello Social. Estivo amenizado pola actuación de Fernando Reyes, laudista, e Mercedes Hernández, soprano, que interpretaron varias pezas relacionadas co Camño de Santiago.