Convocatoria Premio Humanitas 2022
Alumni USC e o Consello Social da USC convocan ao Premio Humanitas 2022.
O premio está dotado con 2.000 € (50% entre Alumni USC e o Consello Social da USC)
BASES
- Finalidade e destinatarios. O obxectivo do premio é recoñecer accións e traxectorias que estean desenvolvendo actualmente persoas físicas, xurídicas, asociacións, empresas ou fundacións que se distinguiran pola súa dedicación e implicación en actividades solidarias, sociais ou humanitarias, en beneficio da mellora da calidade de vida da colectividade.
- Ámbito da convocatoria. Os destinatarios do premio deberán ter o seu ámbito xeográfico de actuación en Galicia.
- Xurado. O xurado estará composto polos seguintes cinco membros: o reitor da Universidade de Santiago que actuará como presidente; as persoas que presiden Alumni-USC e o Consello Social, que actuarán como vogais; outro vogal designado polo Consello Social e o secretario ou secretaria do xurado, que será designado por Alumni-USC.
- Dotación. O premio será único e indivisible, e o gañador recibirá, un diploma acreditativo e a cantidade de dous mil euros (2.000 €) que se achegarán ao 50% entre a Alumni-USC e o Consello Social como contribución ás labores solidarias, sociais ou humanitarias que estea a desenvolver a persoa ou entidade gañadora.
Por parte do Consello Social, a contribución económica ao premio (1.000€) farase con cargo á partida orzamentaria 8070-9001-48100, da que é responsable a presidenta do Consello Social. - Candidaturas. As candidaturas para o premio Humanitas presentaranse mediante escrito razoado a través do rexistro electrónico da USC dirixido ao Consello Social, ata o día 18 de novembro 2022, inclusive, polas seguintes persoas ou colectivos, sempre que non formen parte do xurado:
- Membros do Consello Social, de xeito individual ou colexiado
- Membros de Alumni-USC, de xeito individual ou colexiado
- Membros da Comunidade Universitaria
- Fallo. O xurado terá en conta as candidaturas presentadas, entre as cales elixirá o gañador de cada edición. O xurado avaliará os méritos concorrentes en cada unha delas prestando especial atención a aquelas accións ou traxectorias que coincidan coa finalidade do presente premio.O fallo do xurado farase público, podendo declararse deserto.
Sen prexuízo doutros medios de difusión, o fallo do xurado publicarase no taboleiro electrónico da USC e nas páxinas web do Consello Social da USC e de Alumni-USC. - Entrega. O premio Humanitas, sempre que sexa posible, entregarase de xeito presencial nun acto público e senlleiro organizado polas entidades convocantes e que se desenvolverá nas cidades de Santiago ou Lugo.
- Aceptación das bases. A presentación de candidaturas implicará, de forma automática, a aceptación da totalidade das bases. En caso de conflito, as entidades organizadoras e os participantes, someteranse á xurisdición dos Xulgados e Tribunais da cidade de Santiago de Compostela.
Cecilia Sierra Rey
Presidenta del Consello Social
Agustín Pena Herva
Presidente de Alumni-USC