O sábado 19 de xuño o Club de sendeirismo retomou o Camiño de Inverno, tras o parón causado pola pandemia da COVID-19, co percorrido que vai de Penasillás ata Rodeiro.
Durante esta etapa o secretario de Alumni USC e outros camiñantes fixeron entrega a Liliana López, titular de A Taberna do Peto, dun catálogo da exposición de fotografías feitas polo socio José M. Ortigueira para a exposición fotográfica subvencionada pola Xunta de Galicia co seu programa O Teu Xacobeo. Liliana e a súa nai Elvira Varela foron fotografiadas como heroínas do camiño de Inverno.
O grupo continuou o percorrido coa prolongada subida ata a ermida de A Nosa Señora do Faro para logo rematar a xornada no restaurnate Casa Achacán, en Rodeiro, degustando un capón.