O sábado 12 de setembro un nutrido grupo de socias e socios embarcou no porto de O Grove cara a illa de Sálvora para realizar unha actividade espectacular. Comezou cunha andaina ata o faro para contemplar o solpor mentres una guía contaba a historia da illa e anécdotas, como o heroico comportamento das mulleres de Sálvora durante un famoso naufraxio. Logo os asistentes fixeron outra andaina ata a aldea, hoxe despoboada, onde ollaron o firmamento seguindo a magnífica explicación doutra guía; puideron contemplar estrelas, planetas, as constelacións, viron a forma de orientarse á vista dos astros e escoitaron numerosas lendas…Unha magnifica actividade nunha cálida noite !!!