O mércores 1 de xullo de 2020, Alumni USC organizou, coa colaboración da Asociación Empresarial do Tambre e da Universidade de Santiago de Compostela, unha mesa redonda intitulada “O mecenado na investigación universitaria”.
O evento, moderado por Manuel Fraga Carou, vogal de Alumni USC, celebrouse de forma presencial nas instalacións da Asociación de Empresarios do Tambre, e de forma telemática por streaming desde esta páxina en liña de Alumni USC.
A mesa redonda comezou coas intervencións de Benita Silva, presidenta de Alumni USC, e de José F. Alborés, presidente da Asociación de Empresarios do Tambre.
Participaron na mesa redonda: Cecilia Sierra, presidenta do Consello Social da USC; Ernesto Pedrosa, presidente do Consello Social da UVigo; Gumersindo Feijoo, vicerreitor de Planificación e Proxección Estratéxica da USC; Luz Ruibal, profesora de Dereito Financeiro e Tributario da USC; e Jesús L. Romalde, catedrático de Microbioloxía da USC e vogal de Alumni USC.