O sábado 18 de xullo de 2020, o Club de sendeirismo proseguiu o Camiño de Inverno co percorrido da oitava etapa. Un total de 13 km desde Pobra de Brollón ata Monforte de Lemos.
A andaina completouse coa visita cultural á exposición fotográfica de Alumni USC “Camiño de Inverno: de Ponferrada a Compostela” na Casa da Cultura de Monforte de Lemos, inaugurada oficialmente o día anterior.
