A promoción pioneira en graduarse no grao de Bioloxía, anteriormente incluída no grao de Ciencias, celebrou esta mañá as súas vodas de ouro . Forma parte desta promoción Henrique López Veiga, quen entre 1990 e 1993 foi Conselleiro de Pesca no Goberno de M. Fraga Iribarne.
O evento, organizado por un Comité que encabezaban Mercedes Silva Pando, Aurora Morán López, Juan Segura García del Río e Isabel López López, comezou cun acto no Salón de Graos da Facultade de Bioloxía, no cal estiveron presentes o decano do centro, Jesús López Romalde, Mar Lorenzo Moledo como representante de Alumni USC, Emilio Valadé del Río, en representación do profesorado, Adela Figueroa Danisse e Mariano Esteban representando ao alumnado.
Os antigos alumnos da promoción 1966-1971, tras visitar a placa conmemorativa no Recanto da Saudade, visitaron o Pórtico da catedral compostelá e celebraron un xantar no restaurante do Hotel Monumento San Francisco.