O mércores, 6 de marzo, un grupo de socias e socios visitaron a empresa maderera de Santiago de Compostela Finsa, acompañados por varios estudantes da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.
O grupo foi recibido por Flor Enriquez e Luis Carreira que fixo de guía polas instalacións da empresa, facendo énfasis no proceso de aglutinado de melamina que se emprega para as cociñas e baños. Finsa sempre invirtindo en I+D acaba de mercar varios robots para o empaquetado final dos productos que venden ao cliente directamente.

