O venres 22 de setembro, a directiva de Alumni USC organizaou o 1ª Encontro Alumni USC no que se debateu sobre “A Universidade despois da Universidade”
O acto inaugural estivo presidido polo reitor, Antonio López, xunto a o presidente do parlamento, Miguel Santalices, o secretario xeral de Universidades, José A. Díez de Castro,a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, a presidenta do Consello Social da USC, Cecilia Sierra e a presidenta de Alumni USC, Eva López.

O programa da xornada continuaba con dous mesas temáticas. Para a primeira tratábase de presentar os primeiros pasos da asociación polo ano 1996 no que se constitueu. Nesta mesa estiveron: Darío Villanueva, reitor daquela época e artífice da idea, Emilio Pérez Nieto, presidente do Consello Social daquela época baixo a paraugas que se creou Alumni USC, Juan Casares, primeiro presidente e Filomena Casal, primeira vicepresidenta; esta mesa estivo moderada pola vicepresidenta de Alumni USC, Luisa Rivas García.

Para a mesa temática nº 2 contamos co vicerreitor de transmisión dixital e innovación, Gumersindo Feijoo Cuesta, Elena Vázquez Cendón, decana da Facultade de Matemáticas, Jorge Mira, catedrático de electromagnetismo da Facultade de Física, José M. Ortigueira Bobillo, socio de honra de Alumni USC e director de investimentos de Xes Galicia. Esta mesa estivo moderada pola presidenta, Eva López Barrio. Os compoñentes da mesa perfilaron as líneas a seguir por Alumni USC tendo en conta os cambios e actualizacións lexislativas das Alumni de España.

Para pechar a xornada, contouse co Troyanos de Compostela que interpetraron varias pezas do seu repertorio e ao final o Gaudeamus Igitur.
Acto seguido serveuse un cocktail no Claustro de Fonseca
