12ª etapa do Camiño de Inverno

O Club de sendeirismo continuou co Camiño de inverno o día 16 de outubro, sábado.

Están a piques de concluir o Camiño de Inverno e  segue a maxia.

http://www.caminodeinvierno.com/content/8%C2%AA-etapa-laxe-ponte-ulla-333-km

Chegaron á Ponte Ulla, logo de andar por Bandeira,Vilariño, Dornelas, O Seixo…

En San Miguel do Castro  atoparon  ao vello pai Ulla e  case camiñaron ao seu carón, ata chegar e parar  en San Xoan da Cova -onde está a ermida da nosa Señora de Gundián – Disfrutaron dun  Miradoiro excepcional …pura beleza ! E remataron, logo de cruzar a mítica Ponte – a última reforma foi no século XVIII-  selando nunha das poucas  igrexas adicadas, na Gallaecia, á enigmática María Madalena.